Castro de Croa de Bardáns

Castro de Croa de Bardáns

Desde o final da Idade de Bronce e até a chegada dos romanos, Tordoia conserva multitude de vestixios dos seus primeiros poboadores a través dos castros, do mesmo xeito que a maioría de pobos do noroeste peninsular que finalizaron conformando a Gallaecia romana. Estes castros catalogados atópanse distribuídos por todo o municipio. Neste, ao atoparse como un territorio de paso para as conquistas, non foron trastornados polo home, ainda que o tempo si que lles causou bastante deterioración.

No Concello de Tordoia poden atoparse numerosos castros, como o de Leobalde ou o de Oleiros, e aínda que se atopan medio enterrados ou confundidos coa paisaxe, conservan a maxia. Pertencen á Idade de Hierro que se data a partir do primeiro milenio antes de cristo.

A pesar das alteracións producidas polo paso do tempo e o traballo da terra, o legado arqueolóxico do municipio ofreceu novas pezas obtidas tanto en escavacións como en achados fortuítos durante a última década, atopándose distribuído maioritariamente entre os museos galegos, ainda que se sospeita que se conserva algunha peza en museos do Reino Unido.

Existen en Galicia máis de douscentos lugares que levan o nome de Castro en diferentes variables, e como non, en Tordoia pode atoparse unha aldea con esta denominación na parroquia de Gorgullos.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top