A poucos centos de metros da capital municipal de Tordoia (A Pontepedra), en dirección á estrada Ordes-Carballo (A Tablilla), aparece á nosa man dereita un dos grandes monumentos megalíticos de Galicia: O Dolmen de Cabaleiros, tamén coñecido popularmente polos veciños como a ‘Casa da Moura’. Cun acceso moi doado para o viaxeiro, o seu estado de conservación é excelente.
Aínda que esta obras dos neolítico xa era célebre entre estudosos e intelectuais dende moito tempo antes, en 1975 foi declarado oficialmente Monumento Histórico-Artístico polo goberno español. Sen dúbida é unha visita inexcusable para todas as persoas que se acheguen ata a comarca de Ordes e queiran saber de como era a vida dalgúns dos seus antigos poboadores.