Situada na parroquia de Chaián, trátase dunha ermida de estilo románico que data do século XII. Unicamente se conservan os muros laterais da entrada á ábsida, principiada por un arco de medio punto.
Contan as lendas da zona que as augas que emanan da fonte que se encontra nesa ermida teñen poderes curativos, e é polo tanto lugar de peregrinación onde acoden moitos doentes buscar cura para os seus males.