Na parroquia de Restande, preto da igrexa parroquial, éguese lanzal o Pazo de Vilacova. As orixes desta casa fidalga hai que buscalas nunha torre defensiva que data do século XVI. Posteriormente foi reconstruído no século XVII. Na fachada conserva o escudo familiar e destaca a súa fermosísima balconada.
Nesta casa, aínda hoxe habitada, confluíron por unión matrimonial diferentes familias fidalgas das terras de Ordes, Santiago e Bergantiños. Está rodeada dun muro perimetral de canteíría e dentro conta cun hórreo e un pombal de seu.