Hospital de Bruma

Bruma é a parroquia máis pequena de Mesía (só conta cun núcleo de poboación) que ademais ten unha peculiaridade que a fai única: non ten conexión directa co resto das parroquias xa que é unha especie de “illa” rodeada polos concellos de Carral, Ordes e Abegondo. Na Idade Media xa existía aquí un hospital de peregrinos.

Por aquí pasa o camiño inglés, unha das rutas usadas polos peregrinos que van de camiño cara Santiago de Compostela. Hoxe o Hospital de Bruma segue a ser un punto de referencia na ruta xacobea debido a que se transformou nun coñecido albergue no que pasan a noite moitos romeiros que se dirixen á capital de Galicia.

Localización

Travelers' Map is loading...
If you see this after your page is loaded completely, leafletJS files are missing.

COMPARTE!

RECURSOSRELACIONADOS

Scroll to Top