Oroso acolle a celebración o obradoiro “Feminismos, traballo e vida”.

Co gallo da conmemoración do día das mulleres, desde a área de igualdade da Deputación da Coruña, impúlsase unha campaña  de sensibilización, visibilización e denuncia da vulneración dos dereitos das mulleres no ámbito laboral: “É por ser muller. Loitemos por unha igualdade real”.

Unha da liña de actividades desta campaña ten como obxectivo crear espazos de formación centrados nos dereitos laborais das traballadoras do ámbito dos coidados. Así, ponse en marcha un circuíto de obradoiros por diferentes comarcas da provincia durante os meses de marzo e abril.

Feminismos, traballo e vida.

Dereito ao coidado, coidados con dereitos

Estes obradoiros terán lugar en Arzúa, Betanzos, Cabanas, Cambre, Carballo, Oroso e Zas.

O Concello de Oroso forma parte deste circuíto promovendo un obradoiro de dúas horas dirixido a traballadoras do ámbito dos coidados e do fogar. O gran obxectivo é formarse sobre os dereitos laborais deste ámbito, poñendo énfase nas últimas novidades lexislativas; así como tamén fomentar a reflexión sobre os coidados, fundamentais para soster as vidas.

Esta formación terá lugar o luns 24 de abril en horario de 18 a 20h no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.

Máis info e inscricións no teléfono 698184590

Podedes seguir a información da campaña na web premendo aquí e nas redes empregando o cancelo #ÉporserMuller.

Scroll to Top