- A formación, impartida polo Servizo de Normalización Lingüística, desenvolverase desde o 20 de setembro ata o 15 de novembro.
- Inscricións abertas ata o 15 de setembro a través do 981 680 002 (ext.120) ou a través do correo electrónico irene.bravo@macomunidadeordes.gal
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, a través do Servizo de Normalización Lingüística impartirá unha formación dirixida á preparación das probas CELGA.
A formación desenvolverase desde o 20 de setembro ata o 15 de novembro no salón de plenos dos baixos da Alameda, en Ordes, e constará de 40 horas lectivas os luns e os mércores en horario de 10:00 a 12:30 horas.
As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata o vindeiro 15 de setembro chamando ao 981 680 002 (ext.120) ou escribindo ao enderezo electrónico irene.bravo@mancomunidadeordes.gal