- A iniciativa terá lugar os días 14 e 15 de outubro e nela participarán 6 reputados influencers no eido autonómico, nacional e internacional.
- O proxecto, enmarcado dentro do acordo entre a Mancomunidade de Ordes como xestora do xeodestino “Terras de Ordes” e a Xunta de Galicia, ten por finalidade promocionar o patrimonio cultural paisaxístico e gastronómico da comarca.
A Mancomunidade de Ordes organiza un Press Trip os días 14 e 15 de outubro nos enclaves da comarca de Ordes para fomentar o turismo e a gastronomía dos sete Concellos que a integran.
Este proxecto innovador, que parte co obxectivo de promocionar o xeodestino ‘Terras de Ordes’ e resaltar a rica tradición culinaria da zona, contará con instagramers e influencers especializados en turismo e gastronomía, de carácter nacional e internacional para vivir unha experiencia única na nosa comarca.
Na iniciativa participarán 6 persoas relevantes dentro do turismo, que teñen repercusión tanto en Galicia como en España e en países estranxeiros, Algúns destas figuras son Leti Varela, Petiscos Galegos , Travelalwaystogheter ou Engaliciamorate. En total, entre todos os participantes suman máis de 220.000 seguidores.
Durante a súa visita, os creadores de contido descubrirán e gozarán de paisaxes naturais e lugares encantadores cunha historia rica e fascinante. Tamén poderán deleitarse con pratos tradicionais preparados por cociñeiros locais, buscando mostrar así a calidade e variedade dos produtos gastronómicos, e como están relacionados coas tradicións e raíces da comarca.
Este proxecto, enmarcado dentro do acordo entre a Mancomunidade de Ordes como xestora do xeodestino “Terras de Ordes” e a Xunta de Galicia, ten por finalidade “ser un éxito que contribuirá a promover o turismo e a gastronomía e comercio na comarca”.