O Concello de Oroso acollerá o 5 de novembro a XIV edición da Festa da Matanza de Trasmonte.
A celebración, organizada pola Asociación de Veciños Pena do Tesouro e integrada no programa ‘Vai de Feira’, comezará ás 12:30 horas e contará con actuacións de folclore e xantar popular.
As entradas xa están á venda no Bar A Ruta e Vinoteca Raquel de Trasmonte. Terán un prezo de 25 euros por persoa e serán de balde para os nenos e nenas de menos de 12 anos.